Samson and Delilah (filme de 2009)
Samson and Delilah | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Samson and Delilah |
Director | Warwick Thornton |
Produtor | Kath Shelper |
Guión | Warwick Thornton |
Intérpretes | Rowan McNamara Marissa Gibson |
Música | Warwick Thornton |
Fotografía | Warwick Thornton |
Montaxe | Roland Gallois |
Distribuidora | Madman Entertainment |
Estrea | Festival de Cinema de Adelaide: 20 de febreiro de 2009 7 de maio de 2009 |
Duración | 97 minutos |
Orixe | Australia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.samsonanddelilah.com.au/ | |
Samson and Delilah é un filme australiano de 2009 dirixido por Warwick Thornton e protagonizado por Rowan McNamara e Marissa Gibson. Foi rodado en Alice Springs e arredores. Descrito como unha "historia de amor e supervivencia" polo seu director, conta a historia de dous adolescentes aborixes australianos de catorce anos que viven nunha comunidade remota. Rouban un coche para escapar da súa difícil vida e marchan cara a Alice Springs.[1] O filme competiu na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2009,[2] gañando a Cámara de Ouro.[3][4] O filme tamén gañou o premio Asia Pacific Screen ó mellor filme en 2009.[5] Foi escollido como candidato australiano para o Óscar ó mellor filme internacional na 82ª edición dos premios,[6] clasificándose na lista curta de xaneiro.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Rowan McNamara como Samson
- Marissa Gibson como Delilah
- Mitjili Napanangka Gibson como Nana
- Scott Thornton como Gonzo
- Matthew Gibson como irmán de Samson
- Steven Brown como batería
- Gregwyn Gibson como baixista
- Noreen Robertson Nampijinpa como muller loitadora
- Kenrick Martin como rapaz en cadeira de rodas
- Peter Bartlett como Storekeeper
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kroenert, Tim (21 de abril – 4 de maio de 2009). "Australian Story". The Big Issue (327).
- ↑ festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Samson and Delilah". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 17 de maio de 2009.
- ↑ festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: Awards 2009 – En Competition". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2009. Consultado o 24 de maio de 2009.
- ↑ AFP, ed. (25 de maio de 2009). "Australian director Warwick Thornton wins first film prize at Cannes". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2014. Consultado o 1 de marzo de 2013.
- ↑ Asia Pacific Screen Awards (ed.). "APSA Nominees & Winners". Consultado o 10 de maio de 2019.
- ↑ The Age, ed. (30 de setembro de 2009). "Samson & Delilah to be considered for Oscar nomination". Consultado o 10 de outubro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Australia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Samson and Delilah na IMDb (en inglés).